Benvida

Benqueridos/as Socios/as:
Cumprindo coa encomenda da Asamblea Xeral do 2010, o Comité Organizador escomenzou o seu traballo para a realización dos 23 Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que celebraremos en Santiago de Compostela os días 29 e 30 de Abril do 2011co lema “O coidado, un afán compartido”.
Como sabedes tanto cartel como lema este ano foi sometido a votación e por maioría asumimos a decisión, que por outra banda parece moi axeitada, só nos resta darvos as grazas pola vosa participación na enquisa.
Xa temos un avance importante do programa, no que queremos que a vosa participación seña o máis importante, dandolle tempos especiais as aportacions que en forma de comunicacions orais ou posters e incluso videos poidan presentarse.
Como ben sabedes estamos en tempos de crise e ésta afecta a todas as áreas tamén ao que atinxe a congresos, esperamos coa vosa achega solucionar este problemas da mellor forma posible sin merma da actividade formativa e mais investigadora e de comunicaión que os nosos congresos tiveron historicamente.
Como en anos anteriores na web da sociedade www.sgxx.org atoparedes a web do congreso, na que poderemos facer todas as xestions relacionadas co mesmo.
Un afectuoso saudo, na espera de seguir traballando pola mellora das condicions de vida dos Maiores.
O Presidente do Comité Organizador
O Presidente da SGXX